A Biblioteca: modo de emprego.


Benvidos ao Scrptorium, onde escribáns e amanuenses
traballan arreo para evitar que o saber caia no esquecemento.
Sede libres de deambular pola sala, pero lembrade non facer ruído de máis.

Grazas pola foto e a cita, Ángel.

Así recibían aos visitantes os Scriptoria, os escritorios, lugares onde os monxes da Idade Media copiaban e iluminaban manuscritos, conservando así o saber.

Benvidos á Biblioteca, onde o saber reside, esperando que o espertedes.
Por favor, tomade nota das:






NORMAS DA BIBLIOTECA




NA BIBLIOTECA PODO:

1. Ler libros e revistas na sala. Facer consultas e investigacións documentais. Escoitar música. Ver dvds. Utilizar os ordenadores para a pescuda de información.

2. Levar libros e outro material en préstamo.

3. Ser alumno ou alumna colaborador.



NA BIBLIOTECA NON PODO:

1. Falar en voz alta.

2. Correr, saltar, molestar os demais.

3. Comer ou beber.

4. Levar libros ou calquera outro material sen permiso.



NA BIBLIOTECA DEBO:



1.Ser respectuoso cos demais e co material.

2. Gardar o maior silencio posible. Podes falar en voz baixa sen molestar aos demais, intercambiar información sen facer moito ruído se estás con compañeiros facendo un traballo.

3. Manter a orde: deixa os libros no lugar marcado para iso, os encargados da biblioteca devolverán os exemplares ao seu sitio.

3. Ser responsable: devolve os materiais que tes en préstamo dentro de prazo, pensando que outras persoas tamén quererán usalos.

4. Ser coidadoso: o material, tanto libros coma en soporte informático, hai que coidalo para que dure. Non escribas, suliñes, pintes, dobres ou quites follas. Os documentos estragados ou perdidos terás que repoñelos.

5. Seguir as indicacións que fagan os profesores encargados ou o alumnado colaborador.


A Biblioteca, Modo de emprego:  (1)Novas tecnoloxías

Para inaugurar unha serie acerca de como se utiliza a biblioteca, traemos este tutorial que un querido amigo recomenda para aprender a usar novas tecnoloxías. Adícollo a todos os que pouco a pouco van migrando ao dixital, entre eles meu pai, que tamén anda achegándose ás novidades do século (dalgún século):










Espero que vos resultase instructivo, aínda que, comparado co pergameo, o códice non sei eu...