martes, 30 de marzo de 2010

Microrrelatos

Aquí tedes os microrrelatos gañadores deste curso. Parabéns! Son estupendos.
Que os gocedes:

jueves, 18 de marzo de 2010

Cinco motivos para ler poesía.


Por se había dúbidas.
Grazas aos compañeiros e compañeiras do CEIP A Doblada de Vigo por facer este precioso documento.

miércoles, 17 de marzo de 2010

Existen e están entre nós

Díxeno onte: a poesía sáenos ao encontro. Eis un poema que nos regala un poeta que está entre os nosos:


Un día que te levantes con las manos abiertas,

con el sol en el pecho,

o mismamente con una nota de miel entre los labios

acuérdate de mí

y déjame en el aire

un poco de ese aire que te envuelve.

Un día que te sobre una palabra amable,

media sonrisa

o simplemente un poco de espacio en los pulmones

acuérdate de mí.

Acuérdate de mí,

que una vez quise elevarme por encima de este polvo

porque a veces necesito una palabra

y una palabra

cambia el mundo.

Grazas, Pedro, por compartilo

(Haberá entre nós máis poetas que se atrevan a tanto?)

martes, 16 de marzo de 2010

Malos tempos para a lírica...

... para a lírica, para a épica, para a égloga... (a enumeración non é miña); aínda que o panorama en xeral, de cerca ou visto con prismáticos, augura unha auxe incríble da traxicomedia: rir e chorar, ou rir para non chorar.
Refuxiémonos na poesía, que nos acubille da que está caendo. As musas están aí, sempre, aínda que anden ultimamente de caspa caída.
O 21 de marzo, equinoccio de primavera no noso hemisferio boreal, é o Día internacional da poesía. Bobadas: todos os días sae a poesía ao noso encontro, basta con que saibamos recoñecela.
Agroman as flores todas, chían coquetamente os paxaros, o sol agarímanos os ósos, e a fin da avaliación está aí, coa sua incitante promesa de vacacións. Xúntate a nós, e celebremos xuntos un placer dos que aínda son de balde.

E para abrir boca, outro guiño á nostalxia, de cando tiñamos a vosa idade e comezabamos a saber que a poesía é unha arma cargada de futuro:
http://tinyurl.com/b3sxph[Open in new window]

lunes, 15 de marzo de 2010

Miguel Delibes


Non andamos sobrados de xente boa, así que sempre é unha perda enorme a morte de quen, incluso por riba da súa excelencia na arte, foi sobre todo unha boa persoa.

A estas alturas, xa vos fago enterados de que morreu Miguel Delibes, así que non abondarei na súa biografía, que seguro xa escoitastes nos telexornais ou lestes na prensa. Nin sequera vou parar na valoración da súa obra, que recolle un uso magnífico e rico do castelán. Tampouco incidirei moito rato en como retrata á perfección a sociedade da España de posguerra, esa España prexuizosa, pechada sobre si mesma, rural e pobre, onde o terrible formaba parte do cotián, sempre pintada con tenrura, dirixida aos máis febles.

Só lle vou brindar a mellor homenaxe que coñezo, invitar á lectura da súa obra. Na biblioteca vos están esperando Menchu, El Mochuelo, Azarías, Paco el Corto e moitos outros.
Picade na ligazón que segue para atopar no catálogo da biblioteca os libros de Delibes.
http://tinyurl.com/yjap2dd[Open in new window]

domingo, 14 de marzo de 2010

Averseagora...


It's alive!!!
Uff, que susto levamos!!! Durante toda a semana pasada o blogue non funcionou. Culpa miña, que como inmigrante dixital vou aprendendo mentres fago.

Averseagora... debe ser a expresión que máis usamos os ignorantes nestes temas cada vez que fuchicamos con botóns, teclas, enlaces, menús máis ou menos intelixibles, entre a desesperación e a inseguridade. Compleméntase moitas veces cun ...funciona.

O caso é que a algunha tecla lle debin dar ben, e o blogue reapareceu. Ou sería cuestión de potencias superiores. Nese caso, grazas, grazas, grazas.

Máis abaixo tedes as entradas orixinais que fixera a semana pasada e que por fin puiden recuperar, iso si, coa data de hoxe.

As miñas desculpas para quen tentastes entrar no blogue e vos atopastes cun muro baleiro. Grazas, Santi M, primeiro seguedor desta corrente.

Espero os vosos comentarios.


Vémonos aquí!

8 de marzo, Día da Muller Traballadora (poucas somos vagas)

Antes de que pase o día:

Parabéns, rapazas!!!!

Para todas, un bico de amiga e algunhas ligazóns a actividades doutras bibliotecas escolares de Galicia:

Para empezar, unha fermosa iniciativa:

http://biblioboveda.blogspot.com/2010/03/bata-por-fora-muller-por-dentro.html

http://www.bibliocabe.blogspot.com/

http://clubelecturaiesvaldotea.blogspot.com/

http://bibliotecacespon.blogspot.com/

http://trafegandoronseis.blogspot.com/2010/03/ler-e-perigoso.html

http://vaidelibros-portofaro.blogspot.com/

Un dos meus favoritos, fala de mulleres pintoras (facedes puntos seguro se llo contades ás profes de debuxo). Bonito bonito:

http://caracolatola.blogspot.com/

E un enlace a unha páxina estupenda, que ademáis fala de escritoras. Algunha de vos estará algún día aí?:

http://www.cervantesvirtual.com/portal/escritorasespanolas/pcuartonivel.jsp?conten=presentacion


Ei, mozos, tamén son para vos, que isto non é ningunha guerra...

And the winner is...


Costou 82 anos e supoño que moita frustración, pero por fin, ó premio cinematográfico máis recoñecido do mundo recaeu nunha directora. Cada vez é máis frecuente encontrar mulleres que teñen historias que contar... e sobre todo que consiguen que a industria lles permita contalas. Porque mulleres con historias que contar existen dende sempre, pero non sempre puideron facelo.
Tamén é cada vez máis frecuente que reciban premios cinematográficos de prestixio: a propia Kathryn Bigelow vén de gañar este ano con En terra hostil (The Hurt Locker) o premio á mellor dirección do Sindicato de directores de Estados Unidos. Pero os Oscars resistíanse, e de feito, en anteriores edicións do premio só houbo outras tres nominadas ao premio á mellor dirección.
Casualmente, a gala celebrábase este ano á víspera do Dia Internacional da Muller.

A película gañou tamén o Oscar ao mellor guión orixinal, e á mellor película do ano, xunto con tres Oscars técnicos, Tamén é o filme co presuposto máis barato que gaña os Oscars máis importantes: só 10 millóns de dólares, o que se interpreta por moitos críticos coma o trunfo do cinema independente por riba das mega-producións da industria.

Soñamos cun mundo onde feitos como este non sexan noticia, porque iso significa que haberá igualdade. Pero alguén ten sempre que facer historia para que historias como esta deixen de ser noticia.

Poema do mes

O 8 de marzo é o día internacional das mulleres traballadoras. Para todas nós, unha pequena homenaxe en forma de poema:

Hay mujeres
(Joaquín Sabina - Jaume Sisa)

Hay mujeres que arrastran maletas cargadas de lluvia,

hay mujeres que nunca reciben postales de amor,
hay mujeres que sueñan con trenes llenos de soldados,
hay mujeres que dicen que sí cuando dicen que no.

Hay mujeres que bailan desnudas en cárceles de oro,
hay mujeres que buscan deseo y encuentran piedad,
hay mujeres atadas de manos y pies al olvido,
hay mujeres que huyen perseguidas por su soledad.

Hay mujeres veneno, mujeres imán,
hay mujeres de fuego y helado metal,
hay mujeres consuelo, hay mujeres consuelo,
hay mujeres consuelo, mujeres fatal.

Hay mujeres que tocan y curan, que besan y matan,
hay mujeres que ni cuando mienten dicen la verdad,
hay mujeres que exploran secretas estancias del alma,
hay mujeres que empiezan la guerra firmando la paz.

Hay mujeres envueltas en pieles sin cuerpo debajo,
hay mujeres en cuyas caderas no se pone el sol,
hay mujeres que van al amor como van al trabajo,
hay mujeres capaces de hacerme perder la razón.


Neste enlace podedes ver o vídeo desta canción, que a moitas nos vai saber a nostalxia, e a moitas máis, a novo:

http://tinyurl.com/y8javhd[Open in new window]

Estamos aquí !!!!!



Ribeiriño, o rato que por fin tivo nome



Ola!!


Por fin, a biblioteca do IES O Ribeiro está no ciber espazo! Abrimos as ventás e saímos ao voso encontro, primeiro co boletín, e agora con esta pequena nave de exploración, que nos permitirá chegar onde ninguén estivo antes...
Perdoade, sempre quixen dicir isto.
O Tobo do Ribeiriño pretende ser acolledor, bonito e fresco, como corresponde ao acocho dun rato de biblioteca. Axudádenos a que haxa sitio para todos e a que todos teñamos un sitio.
Acompañádenos nesta busca do coñecemento, da información, do entreteñemento. Para nós, o grupo da biblioteca, está sendo unha aventura, e que aventura paga a pena se non se pode compartir?
Aos que nos precededes nesta aventura da biblioteca escolar, grazas por estar aí, polo voso consello e a vosa axuda.
Aos alumnos e alumnas do IES O Ribeiro, este blog non ten sentido se non o facedes voso, sabemos que participaredes nel, como participades da biblioteca.
Aos profesores e profesoras que nos axudades e sufrides, aquí tamén tedes un sitio para vós. O mesmo que está aberto ao persoal que nos fai a vida máis doada no centro, que colabora xa tanto coa biblioteca. E aos pais, e a todo aquel que, de paso, por casualidade, pescudando na rede, crea que ten algo que dicir e queira compartilo con nós.
Este é un tobo un pouco insólito, coas portas e as fiestras sempre abertas, esperando que queirades pasar, acomodarvos, e dicir algo. Sodes sempre benvidos