martes, 21 de diciembre de 2010

Ben falado!!!

Os ben falados Nora, Tamara, Íñigo, Gabriel e Mauro presentan os carteis do concurso Contra a violencia de xénero, convocado no IES O Ribeiro para o 25 de novembro de 2009. Deixámosvos unha ligazón para que os vexades no programa da TVG Ben falado!. Dá gusto escoitalos

E dá gusto volver a ver os carteis. Son de profesional!! Noraboa rapaces e rapazas!! E noraboa, Maite e Chus!!


http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=21/12/2010 15:17:12&fecha=17/12/2010&arquivo=1&programa=BEN+FALADO!&id_programa=456&corte=&mp4=0&medio=

E porque os da tele non viron aínda os deste curso!!!

jueves, 9 de diciembre de 2010

10 de Decembro

Mañá conmemoramos a aprobación por parte da ONU da Declaración dos Dereitos Humanos. Dende 1948 moito se ten avanzado, pero aínda máis queda por avanzar.

Cecilia aporta unha vez máis o seu traballo ao Tobo, con esta presentación que analiza os dereitos que nos pertencen. Lede e reflexionade.

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Era de xustiza


Me han pasado cosas muy malas en la vida, y cosas maravillosas. Lo que sí sé es que he vivido mucho, muy intensamente: una equivocación muy maja, no sé qué es aburrirse.



Que lle deran o premio Cervantes a Ana María Matute era simplemente cuestión de xustiza.
Fráxil en apariencia, esta muller enferma de literatura desde os 4 anos, pequeniña e incríblemente doce e divertida, contén no seu corpo pequeno unha extraordinaria cantidade de palabras. Fai maxia con elas, porque é unha nena marabillosa, asombrosa e permanentemente asombrada. Unha especie de avoa de todos que fai libros coma quen te colle no colo para protexerte (e protexerse) do abismo.

Algo para reflexionarmos: é a terceira muller á que se lle concede este premio en 35 anos, despois de María Zambrano (1988) e Dulce María Loynaz (1992). De verdade hai tan poucas escritoras en castelán que merezan este recoñecemento?

Matute escribe porque é a súa maneira de ser e estar na vida

Se queredes que vos conten a súa vida:
http://escritoras.com/escritoras/escritora.php?i=8
Se queredes saber como se ve ela a si mesma:
http://www.elmundo.es/magazine/num113/textos/entrevista.html
Se a queredes ver e escoitar:
http://www.publico.es/culturas/348352/ana-maria-matute-premio-cervantes

Pero se queredes entrar nun mundo incrible que está aí, pero non o sabiamos ata que esta fada o revelou, lede á Matute!!!!





P. S. María B., que ama Olvidado rey Gudú  entre moitos outros libros e por riba de calquera outro libro fantástico e considera que é o máis delicioso que leu na súa vida, está a revolver o Tobo todo facendo a "ola" e berrando: "Xa era hora, ho!".

Novo colaborador!!!

Damián Camiña Justo, de 3º de ESO aporta unha noticia sobre o uso de Google Maps. Estamos encantados no Tobo de ter un novo colaborador!!!. A ver se cunde o exemplo.


Novedades de Google Maps


Google ha anunciado una nueva característica que vuelve a marcar la evolución de su servicio Google Maps, y que esta vez toma una característica prestada de Google Earth: la posibilidad de acceder a una vista en tres dimensiones de la zona que estamos explorando en cada momento.

La función, llamada Street view, lleva a nuestros navegadores la capacidad que llevaba presente en Google Maps varias ediciones. La característica está disponible tras la instalación de un plugin que Google ya puso a disposición de sus usuarios desde el año 2008.

Así, Google ha lanzado una versión en 3D del popular servicio de Street View, asociado a Google Maps con un sencillo funcionamiento.

Para visionar las calles y plazas en tres dimensiones sólo hay que introducir la dirección en Google Maps como de costumbre. Una vez obtenida la búsqueda, hay que activar la función de Street View.

En ese momento, debajo de la herramienta de zoom aparecerá un nuevo botón con el muñeco de Google que al pulsar sobre él, convertirá el formato de las imágenes y ofrecerá la nueva dimensión del lugar deseado.

Con la nueva novedad paséate y disfruta de todo el mundo sin salir de casa, ofreciéndote imágenes detalladas de cuaquier obra pública o monumento, etc... que quieras conocer sin levantarte de el sillón.

Con esta aplicación podrás conocer los lugares que nunca te daría tiempo a visitar ya que aparte de el 3D y el poder navegar por las calles de cualquier ciudad viendo los edificios de arriba a abajo, también te indican el nombre de la calle si marcas en el logotipo maps que aparece al comenzar arriba, a la derecha de la pantalla y ver vistas reales desde arriba con el logotipo de satélite que aparece en el mismo lugar que en el anterior.


martes, 23 de noviembre de 2010

Algunhas verdades que non sempre se recordan

Esta presentación era para o día 10 de outubro, Día Mundial contra a Pena de Morte, pero non sabíamos como subila ao blog, sentimos o retraso.

Inauguramos con ela unha nova sección, unha páxina dentro do blog que nos axude a reflexionar sobre o estado dos dereitos humanos no mundo e sobre nós mesmos e que facemos para mellorar ese estado... ou non.





Grazas, Cecilia polo traballo e pola suxestión.

jueves, 18 de noviembre de 2010

Semana da ciencia (3)

Catro científicos de prestixio cantan para nós neste vídeo que me envía un amigo. Faime graza ver a todo un premio Nobel como Feynmann tocando o tambor* cun ritmazo que impresiona.
Pero sobre todo emocióname esta reflexión de Sagan, un dos meus heroes de adolescencia: Somos a maneira en que o Cosmos se coñece a si mesmo.


Boas noites, materia do Universo que soña. E que se soña a si mesma...






*Grazas Marce, pola corrección, e Eloy, polo enlace ao vídeo.

sábado, 13 de noviembre de 2010

Semana da Ciencia (2): A expansión do universo

Unha experta explica a expansión do universo. Nivelazo...

(Porque ciencia e risas non son incompatibles)




Ou se preferides...


lunes, 8 de noviembre de 2010

Semana da ciencia



Fogos de artificio!!!

Porque Ribeiriño ten un acontecemento que anunciar: dende hoxe, estase a celebrar a Semana da Ciencia. Si... o máis grande evento anual de comunicación social da ciencia que se celebra en España, e que organiza a FECYT (Fundación española para la ciencia y la tecnología) . E a biblioteca e o Tobo queren ter algo que ver con esa festa. Así que, dende hoxe ata o día 21 de novembro, estaremos á espreita do que ocurre nesta páxina:

http://www.semanadelaciencia.es/Publico/index.aspx

e máis das actividades que se van facer en Ourense:

Consumir con ciencia, comer con conciencia ("COMERCIENCIA")Ourense (do 15 ao 19)

Ourense Investiga (os días 20 ao 22)

(as actividades podedes buscalas... no Buscador de actividades da ligazón que fixemos arriba)


E na web.... fotos das actividades!!!  http://www.flickr.com/photos/semanadelaciencia/

Cine científico!!!!!                     http://www.semanadelaciencia.es/Publico/cinecientificoPeliculas.aspx


Inventos!!!!
Biodiversidade!!!          http://www.cbd.int/

E para os excelentes fotógrafos do Ribeiro:
Un marabilloso concurso de fotografía científica no que podes votar as que máis che impresionen:  http://www.fotciencia.es/publico/index.aspx

(Xa contaredes se todo isto non é para botar foguetes...)



domingo, 7 de noviembre de 2010

Eureka!!!!

A selección que sobre poemas de Miguel Hernández aportara Macario hai un par de días quedaba coxa. El prefería sobre todos este tema, que non atopáramos para facelo sonar no Tobo. Ás veces hai que insistir. Hoxe por fin, aínda que cun sonido algo deficiente aquí está, para encollernos un chisco a alma.
Para iso tamén é a poesía.
Boa semana.



Las desiertas abarcas

Por el cinco de enero,
cada enero ponía
mi calzado cabrero
a la ventana fría.


Y encontraba los días
que derriban las puertas,
mis abarcas vacías,
mis abarcas desiertas.


Nunca tuve zapatos,
ni trajes, ni palabras:
siempre tuve regatos,
siempre penas y cabras.


Me vistió la pobreza,
me lamió el cuerpo el río
y del pie a la cabeza
pasto fui del rocío.


Por el cinco de enero,
para el seis, yo quería
que fuera el mundo entero
una juguetería.


Y al andar la alborada
removiendo las huertas,
mis abarcas sin nada,
mis abarcas desiertas.


Ningún rey coronado
tuvo pie, tuvo gana
para ver el calzado
de mi pobre ventana.


Toda gente de trono,
toda gente de botas
se rió con encono
de mis abarcas rotas.


Rabié de llanto, hasta
cubrir de sal mi piel,
por un mundo de pasta
y unos hombres de miel.


Por el cinco de enero
de la majada mía
mi calzado cabrero
a la escarcha salía.


Y hacia el seis, mis miradas
hallaban en sus puertas
mis abarcas heladas,
mis abarcas desiertas.

Poemas sueltos IV. Poesías completas.
Madrid: Aguilar, 1979, pp. 517-518.

E, novamente, un traballo que nos axuda a entender o poema. Grazas aos que, antes que nos, pasearon a senda da lectura:

http://comunidadescolar.educacion.es/documentos/hernandez/hernandez5f.html

jueves, 4 de noviembre de 2010

A biblioteca, modo de emprego: (1) Novas tecnoloxías

Para inaugurar unha serie acerca de como se utiliza a biblioteca, traemos este tutorial que un querido amigo recomenda para aprender a usar novas tecnoloxías. Adícollo a todos os que pouco a pouco van migrando ao dixital, entre eles meu pai, que tamén anda achegándose ás novidades do século (dalgún século):




Espero que vos resultase instructivo, aínda que, comparado co pergameo, o códice non sei eu...

martes, 2 de noviembre de 2010

A propósito...

Non o podo evitar. Déixovos aquí unha ligazón a palabras que curan, e que volven non só sobre a idea de por que facemos o que facemos na biblioteca, senon outra vez a Miguel Hernández e máis a un amigo do Tobo (ou queremos pensar que así é, co seu permiso, claro está).

http://discretolector.blogspot.com/2010/10/esperar-la-alegria.html

Vento do pobo

O sábado pasado cumpríanse os 100 anos do nacemento de Miguel Hernández, poeta. Alguén que se redimiu dun futuro seguramente cheo de fame e fatigas grazas ao seu amor apaixonado pola palabra.
Namorado, poeta, soldado, sufrinte, a súa poesía clara, luminosa, sinxela e fundamental quédanos máis aló do seu pasamento por causa da tuberculose no cárcere onde fora condeado polo franquismo despois da guerra.



Retrato de Miguel Hernández por Buero Vallejo

Isto dicía Neruda de Miguel: Pocos poetas tan generosos y luminosos como el muchachón de Orihuela cuya estatua se levantará algún día entre los azahares de su dormida tierra. No tenía Miguel la luz cenital del Sur como los poetas rectilíneos de Andalucía sino una luz de tierra, de mañana pedregosa, luz espesa de panal despertando. Con esta materia dura como el oro, viva como la sangre, trazó su poesía duradera. ¡Y éste fue el hombre que aquel momento de España desterró a la sombra! ¡Nos toca ahora y siempre sacarlo de su cárcel mortal, iluminarlo con su valentía y su martirio, enseñarlo como ejemplo de corazón purísimo! ¡Darle la luz! ¡Dársela a golpes de recuerdo, a paletadas de claridad que lo revelen, arcángel de una gloria terrestre que cayó en la noche armado con la espada de la luz!

Así vía Hernández aos poetas:
Los poetas somos viento del pueblo: nacemos para pasar soplados a través de sus poros y conducir sus ojos y sus sentimientos hacia las cumbres más hermosas.
Estas palabras tan fermosas dirixiullas a outro formidable poeta, Vicente Aleixandre, logo premio Nobel de Literatura, no prólogo do libro Viento del pueblo.

Se queres ler a dedicatoria completa, preme aquí:
http://comunidadescolar.educacion.es/documentos/hernandez/hernandez2.html


Aquí tedes contada a súa biografía por alumnos e alumnas de Secundaria:






Un orgullo de bibliotecaria: as lecturas que deron alimento literario ao poeta comezaron na Biblioteca Pública da súa Orihuela natal.

E para que tamén gocen os oídos da mellor maneira de escoitar poesía, unha selección do que cantou Joan Manuel Serrat sobre os escritos de Hernández:







(Co agradecemento de Ribeiriño a Macario polo asesoramento musical)

jueves, 21 de octubre de 2010

Boas novas

No Tobo acumúlasenos o choio, e así pasamos días e semanas e case meses sen escribir. Menos mal que o noso non é unha axencia de noticias. Non gañaríamos un peso...
Sen embargo, hai novas que non queremos que pasen sen un comentario dende a biblioteca. Aí van, e son todas boas (hoxe).

Amin Maalouf, Premio Príncipe de Asturias das Letras.


Alegreime enormemente da concesión deste premio a un autor dos que me gustan de verdade. Gústame a súa visión distinta de feitos que xa coñecía, a capacidade de reflexión sobre realidades dolorosas, coma a de Oriente Próximo, e que os seus textos sempre destilen unha bonhomía intelixente e lúcida. León el Africano é unha fermosa novela histórica e unha revisión da novela de aventuras. Las cruzadas vistas por los árabes proporcionoulle unha nova visión sobre ese proceso histórico. E Identidades peligrosas é un libro que todos deberíamos ler para aprender como non debemos afirmarnos a nós mesmos a partir do desprezo do outro. Maalouf paréceme un dos bos e xenerosos. E escribe coma os anxos.

http://www.lecturalia.com/autor/973/amin-maalouf

lunes, 27 de septiembre de 2010

Don Hamlet



Namorei do príncipe indeciso, do home vestido de loito, apabullado pola dúbida, do adolorido señor que ri, e chora e faise o tolo, cando lin por primeira vez a obra do vello Will aos 15 anos. Unha representación en Madrid, na que Hamlet tiña a voz e a intensidade de José Pedro Carrión afirmoume anos máis tarde nese amor para sempre, sempre, sempre. Esta traxedia, teatro coma ningún teatro antes ou despois, contén todo canto se poida contar. Por iso, outros puideron sacar dela materia para soñar.


Así fixo Cunqueiro, fabulador e dramaturgo ousado coma moi poucos. E fixo vivir a Hamlet nun Elsinor que é "unha floresta salvaxe que se mete mar adiante". Elsinor, o lugar máis venteado do mundo, acenderase mañá grazas a "Sarabela" diante dun grupo de alumnas e alumnos do noso instituto.


Non conto máis: que o teatro se faga marabilla diante dos vosos ollos.


Haberá entre aqueles elixidos quen se atreva a facer de reporteiro para o Tobo ou para A Voz do Ribeiriño?

Posteade abaixo as vosas impresións, para que o Tobo teña, por primeira vez, un espazo para a crítica teatral.


"- ¿Pode un home, ó mesmo tempo, ser e non ser?"
Isto pregunta Cunqueiro. A ver se mañá temos a solución a esta pregunta.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

Homenaxe a José Antonio Labordeta



Ultimamente perdemos bos e xenerosos coma quen sofre unha hemorraxia: Delibes, Benedetti, Saramago, Labordeta...
Para o cantor e poeta, para o profesor, para o político diferente, para o andarín, para o home, vai esta pequena homenaxe dende o Tobo, triste pola perda.

Pensemos que o día 19 só marchou o home. Quédanos o mellor: a arte e o exemplo. 

Ola!!

Setembro caeu sobre nós coa súa vestimenta de follas de cores e a promesa da vendima. E coa volta ás clases, o inicio do curso con cheiro a caderno novo e balbordo de rencontros.
Espera por nós Ribeiriño, cun tobo renovado: mobles novos, novas seccións e libros novos a rangalleira. Haberá máis novidades ao longo do curso.
E para mirarnos nun fermoso espello, un amigo do Tobo envíanos unha ligazón que nos fai soñar:

As bibliotecas máis fermosas do mundo

A nosa é máis modesta, pero mirámola co orgullo que nos dá traballar nela.

miércoles, 23 de junio de 2010

Chegou o verán e con el as vacacións. Un bo plan para esas horas tediosas e abafantes das tardes de verán é refrescarse cun bo libro. Desde a biblioteca do IES O Ribeiro propoñémosvos o que nos gusta e o que sabemos que vos vai gustar. hai para tódolos públicos.

Había unha muller velliña á que os días de inverno se lle facían moi longos. Entón decidiu ir mercar un libro. O libreiro deulle un libro moi antigo, cheo de po, sen título nin autor. Cando chegou á casa, a velliña comezou a lelo e decatouse de que este libro contaba a súa historia. Leu ata a páxina onde estaba escrito que fora mercar un libro. Asustouse e non puido ler máis. Isto é un pequeno resumo dunha das historias que podes atopar para ler este verán. Se queres coñecer o final búscao no libro “O home que non quería soñar”, de Álvaro de Magalhaẽs, Ed. Xerais

Outra proposta é un libro de teatro que ten un enorme éxito entre os alumnos: “O achado do castro”, de Núñez Singala. A acción,que se desenvolve na época do Imperio Romano, fálanos de dous ladróns un pouco tontos que, fartos de traballos de pouca monta, deciden roubar no pazo Imperial e tamén do amor, en principio imposible, de Manolitus e Carmiñae, iconas xa das grandes historias de amor da literatura galega. Estes personaxes e moitos máis e as situacións que provocan farán que escaches coa risa..
As rulas de Bakunin, de Riveiro Coello, fala dun encarcerado durante a Guerra Civil que fai a aposta cun dos seus carcereiros de que é capaz de aprenderse un libro de memoria. Ah, por certo, tamén é unha fermosa historia de amor.

María Raimóndez narra en O club da calceta a historia de varias mulleres que entretecen os fíos das súas vidas mentres comparten o seu tempo de lecer.

Ollos de auga e A praia dos afogados de Domingo Villar: se es amante do relato policial, o inspector Leo Caldas levarate polas vías do misterio...


Queremos recordar especialmente a José Saramago con dúas das súas obras que máis nos impactaron:
Todos os nomes:O Sr. José é un empregado do Rexistro Civil. Chámalle a atención a ficha dunha muller descoñecida e comeza a investigala. É un libro sorprendente que non destaca pola acción dos personaxes, senón pola obsesión do Sr. José, o único personaxe que ten nome nesta novela. E Ensaio sobre a cegueira: un estraño andazo de cegueira atinxe a case tódolos habitantes dunha cidade. ¿Imaxinas?

Beliña

martes, 15 de junio de 2010

Por que facemos o que facemos.

Leo nun dos blogues favoritos do Tobo unha entrada que teño que compartir convosco. Por dúas razóns: porque explica de marabilla por que facemos o que facemos, na biblioteca e na vida, e porque hai formas de escribir que son poesía aínda que parezan prosa.
Hai unha terceira razón: sempre é un pracer ler o que escribe Juan Mata.

http://discretolector.blogspot.com/2010/06/en-el-regazo.html

Poema do mes: Xuño

Porque explica tan ben por que facemos o que facemos, este é o poema do mes, do ano, do curso vindeiro e de todos os cursos.  

    Onde todas as palabras existen, estás ti comigo, aínda que xa non vaias
 ao meu carón.
      Onde todos os libros habitan, tamén hai un oco habitable onde ti vives
canda min.
      Onde todas as historia, grandes ou pequenas, contadas ou cantadas,
teñen cabida, a túa historia é unha máis das que fan que este mundo
ula mellor.
      Onde todos os bicos saben a papel.
      Onde o papel ten a suavidade das caricias. Onde o silencio está preñado
de contidos.
      Onde todo é posible entre catro paredes, porque a imaxinación
verdadeira xamais será coutada con paredes...
      Aí, no centro do corazón de todas as cousas,
     onde latexa a túa risa cando un bo conto te fai rir,
     onde brilla de emoción a túa ollada cando un poema te soubo
emocionar,
     onde tremes de medo, porque alguén desde o outro lado dunha páxina
impresa che fala coa voz dos seres que asustan,
     ou vibras de felicidade, porque nada fai máis feliz que sentirse repleto
de vida, da propia e das alleas que chegan a nós para incorporarse á nosa pel e
viaxarmos xuntos até o final...
     aí, na biblioteca,
     amado espazo de liberdade,
     farei un niño pequerrecho, un acocho morno,
     un leito de agarimo,
     onde ti,
     meu ben,
     saibas que te amo
     con mentiras de mentira.
     Porque non hai máis grande amor có de contar, debuxar e ler as
palabras que son quen de recollernos a vida nun aceno. O aceno de pasar as
páxinas dun libro e saber, pantrigo, que es ti quen me espera no capítulo
seguinte dunha historia que, quizais, alguén teña un día que contar.
Pero esa, como sabes, xa será outra historia.

Xosé A. Neira Cruz, A biblioteca, amado espazo de liberdade. 2006

lunes, 14 de junio de 2010

Palabras de 1992 que nos valen coma novas...


Hoxe, na Biblioteca, ao recibir o cargamento de libros novos que nos faltaba por chegar, decidimos que estas palabras seguen a ter un valor enorme. Para os que non as coñecedes, aí vai este fermoso pensamento e a petición que o acompaña, en forma de desexo que compartimos:

"Creo, amigos, que paga a pena ter un libro nas mans, aínda que sexa roubado, e probalo como quen proba por vez primeira o pan.

En nome dos queridos libreiros, da industria editorial e dos dereitos de autro, convido á xente a que leve da feira un cesto con produtos da terra, da agricultura dos soños, labrados e colleitos por campesiños das palabras. Agora ben, confidencialemnte, e xa só no meu nome, como gaiteiro libertario, sentiríame orgulloso de que en Galicia abundasen os ladróns de libros. Oxalá a nosa identidade delictiva no futuro non se mida por incendios forestais ou narcotráfico, senón por contrabando de libros, por substraccións de libros e por adicción aos libros.
¡En calquera caso, Saúde e Terra, irmáns!"

Manuel Rivas, Toxos e flores


Fermoso, non si?
Pero se non queredes delinquir, e si alimentar o voso espíritu, aí están os libros esperando por vós, na biblioteca... Sacádeos do seu soño e sede, vós tamén, campesiños das palabras.

miércoles, 2 de junio de 2010

Detectives literarios.


Hai quen nos facilita a tarefa enormemente, xente que busca por nós e atopa ouro, pedras preciosas, petróleo literario e paisaxes marabillosas creadas con palabras. Queremos presentárvolos, e seguiremos buscando aventureiros da palabra.

Se buscas que ler, aquí tes ideas:

http://www.filix.org/

http://www.eltemplodelasmilpuertas.com/

http://sol-e.com/

martes, 25 de mayo de 2010

Aí, ao sul, onde naceu a Humanidade...


Hoxe é o día de África.




Mirade que marabillas fan as bibliotecas escolares. Esperamos que vos guste como nos gustou a nós:


http://bibliotecamarinas.blogspot.com/2010/05/africa.html


Grazas, compañeiros, por compartilo con nós.


P.S.: María B. está a poñer o chan do Tobo perdidiño de baba, coa selección de libros da guía.

sábado, 22 de mayo de 2010

A modo de reparación

Esta bitácora debería levar un L enorme, porque estamos en prácticas, e cóstanos todo un Perú (cada vez menos).

Esta entrada é para reparar non un olvido, senon un adiamento. Aquí está un dos blogues que nos gustan:

http://trafegandoronseis.blogspot.com/

Tecnoloxía punta

Presentamos un produto realmente novidoso, cheo de posibilidades:







Xa contamos con diversos exemplares na Biblioteca. Queredes pasar a probalos? De balde

jueves, 20 de mayo de 2010

Non estamos sós!!!!


Sabemos dende principios de curso que non estamos sós, que o traballo que facemos, por pouco que sexa debe moito a toda esta xente que nos acompaña, nos aconsella, e nos axuda.


Aquí estamos, con todos os que pensamos que podemos (e debemos) cambiar algo, por pouco que sexa.


Apertas para todos, compañeiros e compañeiras de navigación.


martes, 18 de mayo de 2010

Ufff, onde nos metemos...

Pois metémonos en todo.
O malo é que non damos feito, pero daremos, veredes como si.

En fin, que nestes últimos tempos, temos feito de todo arredor dos libros que tanto nos gustan, para empezar, e por fin (non vai sen tempo), as actividades que fixemos polo Día do Libro. Lembrades que saíron os libros da biblioteca a buscarvos?



Aquí, coma na exposición de ilustracións sobre relatos, e coma noutras moitísimas cousas, temos que recoñecer que quen levou a voz cantante, ou o ollo e a man directora, foi o Departamento de Debuxo: grazas Chus! grazas Maite! Sen vos, as actividades da biblioteca serían menos fermosas e menos creativas.

lunes, 3 de mayo de 2010

Maio

Canto me gusta esta canción e a serenidade que me transmite. Feliz maio.

martes, 27 de abril de 2010

O espazo... a fronteira final...

Esta bitácora non é a do Enterprise, pero se coma min amades levantar a vista cara o ceo, esta é unha das vosas páxinas.

http://www.nasaimages.org/


Boas noites, e boa sorte

lunes, 26 de abril de 2010

E ti para que les?

Acumúlasenos o choio por culpa desta finde sen electrónica.

Mirade o que fixeron outras bibliotecas escolares para o Día do Libro. É un fermoso regalo, sobre o pracer da lectura, grazas por compartilo con nós.

O curso que vén, apuntámonos!!!




P.S.: Seguro que se les ata a fin, atopas polo menos unha razón para ler. Por que non fas a proba?

Festa dos libros

Estes días, os "electroduendes" estiveron dando voltas polos nosos ordenadores, e impediron que fixéramos a entrada que tiñamos preparada para celebrar o Día do Libro. Tarde, mal e arrastro, aquí a tedes.

Festa dos libros

A UNESCO decretou que o día 23 de abril celébrase o Día do Libro. É a festa de nós, os lectores, que amamos eses obxectos preciosos, pero amamos máis o que levan dentro. É a festa dos que aínda non sodes lectores, pero tal vez aprendades a aprezar o que os libros son e conteñen, pois só podemos querer o que coñecemos.
Na Biblioteca, todos os días hai unha festa dos libros. Ven celebrala cando queiras.

jueves, 22 de abril de 2010

Ser un xenio non quita de poder liala...

Non lle quita valor á celebración, porque os libros sempre son motivo de alegría, pero entereime disto esta mañá. Se escoitades o podcast, seguro que entendedes o título do comentario.

Polo menos, botaredes unhas risas:

http://www.rtve.es/mediateca/audios/20100422/cervantes-murio-abril-dias-como-hoy/751644.shtml

miércoles, 21 de abril de 2010

A "canica" azul




Este obxecto planetario, de tamaño modesto, que parece flotar sobre un leito de veludo é o único fogar que coñecemos. Só del temos a certeza de que é capaz de soster a vida.

Fermoso, variado e tan acolledor como fráxil.

Todos os días deberíamos celebrar O Día da Terra.
Para sabermos máis e pensar un pouco:


http://www.earthcharterinaction.org/contenido/

martes, 13 de abril de 2010

O sabor das palabras.

Un bo (e querido) amigo cóntame nunha charla:

Mamihlapinatapai (a veces escrita incorrectamente como mamihlapinatapei) es una palabra del idioma de los indios yámanas de Tierra del Fuego, listada en el Libro Guinness de los Récords como la "palabra más concisa del mundo", y es considerada como uno de los términos más difíciles para traducir. Describe "una mirada entre dos personas, cada una de las cuales espera que la otra comience una acción".

Aprendeu a palabra lendo a José Antonio Marina e mandoume a cita.

Diredes: e que?
Pois nada, pero a min gustoume o sabor da palabra.

Poema do mes: abril

Non podía ser outro:

The Waste Land

I. THE BURIAL OF THE DEAD


APRIL is the cruellest month, breeding
Lilacs out of the dead land, mixing
Memory and desire, stirring
Dull roots with spring rain.
Winter kept us warm, covering
Earth in forgetful snow, feeding
A little life with dried tubers.
Summer surprised us, coming over the Starnbergersee
With a shower of rain; we stopped in the colonnade,
And went on in sunlight, into the Hofgarten,
And drank coffee, and talked for an hour.
Bin gar keine Russin, stamm' aus Litauen, echt deutsch.

(Tomado de www.bartelby.com)

T.S. Elliot publicou A terra baldía en 1922. O primeiro verso é un dos máis citados da cultura anglosaxona (tamén é un dos que máis cito eu).
Esta é a tradución de urxencia, perdón polos moitos erros:

I. O ENTERRO DOS MORTOS.

Abril é o mes máis cruel, fai crecer
lilas da terra morta, mesturando
a memoria co desexo, estremece
as raíces murchas con choiva de primavera.
O inverno mantívonos quentes, cubrindo
a Terra con neve de esquecemento, alimentando
unha pequena vida con tubérculos secos.
O verán sorprendeunos, pasando sobre o Starnbergensee
cunha ducha de choiva; paramos na columnata,
e continuamos baixo a luz do sol, ata o Hofgarten,
e tomamos café, e falamos durante unha hora.
Bin gar keine Russin, stamm' aus Litauen, echt deutsch.

(Ei, se tedes unha tradución mellor, enviádenola, grazas)


Para sabermos máis de Elliot e A terra baldía: http://letras-uruguay.espaciolatino.com/aaa/eliot/bio.htm

Cartas de amor

Tardamos, pero por fin podedes ler as cartas gañadoras do concurso deste ano. Estamos moi orgullosos, a calidade é cada ano mellor.
Parabéns, autores!!

martes, 30 de marzo de 2010

Microrrelatos

Aquí tedes os microrrelatos gañadores deste curso. Parabéns! Son estupendos.
Que os gocedes:

jueves, 18 de marzo de 2010

Cinco motivos para ler poesía.


Por se había dúbidas.
Grazas aos compañeiros e compañeiras do CEIP A Doblada de Vigo por facer este precioso documento.

miércoles, 17 de marzo de 2010

Existen e están entre nós

Díxeno onte: a poesía sáenos ao encontro. Eis un poema que nos regala un poeta que está entre os nosos:


Un día que te levantes con las manos abiertas,

con el sol en el pecho,

o mismamente con una nota de miel entre los labios

acuérdate de mí

y déjame en el aire

un poco de ese aire que te envuelve.

Un día que te sobre una palabra amable,

media sonrisa

o simplemente un poco de espacio en los pulmones

acuérdate de mí.

Acuérdate de mí,

que una vez quise elevarme por encima de este polvo

porque a veces necesito una palabra

y una palabra

cambia el mundo.

Grazas, Pedro, por compartilo

(Haberá entre nós máis poetas que se atrevan a tanto?)

martes, 16 de marzo de 2010

Malos tempos para a lírica...

... para a lírica, para a épica, para a égloga... (a enumeración non é miña); aínda que o panorama en xeral, de cerca ou visto con prismáticos, augura unha auxe incríble da traxicomedia: rir e chorar, ou rir para non chorar.
Refuxiémonos na poesía, que nos acubille da que está caendo. As musas están aí, sempre, aínda que anden ultimamente de caspa caída.
O 21 de marzo, equinoccio de primavera no noso hemisferio boreal, é o Día internacional da poesía. Bobadas: todos os días sae a poesía ao noso encontro, basta con que saibamos recoñecela.
Agroman as flores todas, chían coquetamente os paxaros, o sol agarímanos os ósos, e a fin da avaliación está aí, coa sua incitante promesa de vacacións. Xúntate a nós, e celebremos xuntos un placer dos que aínda son de balde.

E para abrir boca, outro guiño á nostalxia, de cando tiñamos a vosa idade e comezabamos a saber que a poesía é unha arma cargada de futuro:
http://tinyurl.com/b3sxph[Open in new window]

lunes, 15 de marzo de 2010

Miguel Delibes


Non andamos sobrados de xente boa, así que sempre é unha perda enorme a morte de quen, incluso por riba da súa excelencia na arte, foi sobre todo unha boa persoa.

A estas alturas, xa vos fago enterados de que morreu Miguel Delibes, así que non abondarei na súa biografía, que seguro xa escoitastes nos telexornais ou lestes na prensa. Nin sequera vou parar na valoración da súa obra, que recolle un uso magnífico e rico do castelán. Tampouco incidirei moito rato en como retrata á perfección a sociedade da España de posguerra, esa España prexuizosa, pechada sobre si mesma, rural e pobre, onde o terrible formaba parte do cotián, sempre pintada con tenrura, dirixida aos máis febles.

Só lle vou brindar a mellor homenaxe que coñezo, invitar á lectura da súa obra. Na biblioteca vos están esperando Menchu, El Mochuelo, Azarías, Paco el Corto e moitos outros.
Picade na ligazón que segue para atopar no catálogo da biblioteca os libros de Delibes.
http://tinyurl.com/yjap2dd[Open in new window]

domingo, 14 de marzo de 2010

Averseagora...


It's alive!!!
Uff, que susto levamos!!! Durante toda a semana pasada o blogue non funcionou. Culpa miña, que como inmigrante dixital vou aprendendo mentres fago.

Averseagora... debe ser a expresión que máis usamos os ignorantes nestes temas cada vez que fuchicamos con botóns, teclas, enlaces, menús máis ou menos intelixibles, entre a desesperación e a inseguridade. Compleméntase moitas veces cun ...funciona.

O caso é que a algunha tecla lle debin dar ben, e o blogue reapareceu. Ou sería cuestión de potencias superiores. Nese caso, grazas, grazas, grazas.

Máis abaixo tedes as entradas orixinais que fixera a semana pasada e que por fin puiden recuperar, iso si, coa data de hoxe.

As miñas desculpas para quen tentastes entrar no blogue e vos atopastes cun muro baleiro. Grazas, Santi M, primeiro seguedor desta corrente.

Espero os vosos comentarios.


Vémonos aquí!

8 de marzo, Día da Muller Traballadora (poucas somos vagas)

Antes de que pase o día:

Parabéns, rapazas!!!!

Para todas, un bico de amiga e algunhas ligazóns a actividades doutras bibliotecas escolares de Galicia:

Para empezar, unha fermosa iniciativa:

http://biblioboveda.blogspot.com/2010/03/bata-por-fora-muller-por-dentro.html

http://www.bibliocabe.blogspot.com/

http://clubelecturaiesvaldotea.blogspot.com/

http://bibliotecacespon.blogspot.com/

http://trafegandoronseis.blogspot.com/2010/03/ler-e-perigoso.html

http://vaidelibros-portofaro.blogspot.com/

Un dos meus favoritos, fala de mulleres pintoras (facedes puntos seguro se llo contades ás profes de debuxo). Bonito bonito:

http://caracolatola.blogspot.com/

E un enlace a unha páxina estupenda, que ademáis fala de escritoras. Algunha de vos estará algún día aí?:

http://www.cervantesvirtual.com/portal/escritorasespanolas/pcuartonivel.jsp?conten=presentacion


Ei, mozos, tamén son para vos, que isto non é ningunha guerra...

And the winner is...


Costou 82 anos e supoño que moita frustración, pero por fin, ó premio cinematográfico máis recoñecido do mundo recaeu nunha directora. Cada vez é máis frecuente encontrar mulleres que teñen historias que contar... e sobre todo que consiguen que a industria lles permita contalas. Porque mulleres con historias que contar existen dende sempre, pero non sempre puideron facelo.
Tamén é cada vez máis frecuente que reciban premios cinematográficos de prestixio: a propia Kathryn Bigelow vén de gañar este ano con En terra hostil (The Hurt Locker) o premio á mellor dirección do Sindicato de directores de Estados Unidos. Pero os Oscars resistíanse, e de feito, en anteriores edicións do premio só houbo outras tres nominadas ao premio á mellor dirección.
Casualmente, a gala celebrábase este ano á víspera do Dia Internacional da Muller.

A película gañou tamén o Oscar ao mellor guión orixinal, e á mellor película do ano, xunto con tres Oscars técnicos, Tamén é o filme co presuposto máis barato que gaña os Oscars máis importantes: só 10 millóns de dólares, o que se interpreta por moitos críticos coma o trunfo do cinema independente por riba das mega-producións da industria.

Soñamos cun mundo onde feitos como este non sexan noticia, porque iso significa que haberá igualdade. Pero alguén ten sempre que facer historia para que historias como esta deixen de ser noticia.

Poema do mes

O 8 de marzo é o día internacional das mulleres traballadoras. Para todas nós, unha pequena homenaxe en forma de poema:

Hay mujeres
(Joaquín Sabina - Jaume Sisa)

Hay mujeres que arrastran maletas cargadas de lluvia,

hay mujeres que nunca reciben postales de amor,
hay mujeres que sueñan con trenes llenos de soldados,
hay mujeres que dicen que sí cuando dicen que no.

Hay mujeres que bailan desnudas en cárceles de oro,
hay mujeres que buscan deseo y encuentran piedad,
hay mujeres atadas de manos y pies al olvido,
hay mujeres que huyen perseguidas por su soledad.

Hay mujeres veneno, mujeres imán,
hay mujeres de fuego y helado metal,
hay mujeres consuelo, hay mujeres consuelo,
hay mujeres consuelo, mujeres fatal.

Hay mujeres que tocan y curan, que besan y matan,
hay mujeres que ni cuando mienten dicen la verdad,
hay mujeres que exploran secretas estancias del alma,
hay mujeres que empiezan la guerra firmando la paz.

Hay mujeres envueltas en pieles sin cuerpo debajo,
hay mujeres en cuyas caderas no se pone el sol,
hay mujeres que van al amor como van al trabajo,
hay mujeres capaces de hacerme perder la razón.


Neste enlace podedes ver o vídeo desta canción, que a moitas nos vai saber a nostalxia, e a moitas máis, a novo:

http://tinyurl.com/y8javhd[Open in new window]

Estamos aquí !!!!!



Ribeiriño, o rato que por fin tivo nome



Ola!!


Por fin, a biblioteca do IES O Ribeiro está no ciber espazo! Abrimos as ventás e saímos ao voso encontro, primeiro co boletín, e agora con esta pequena nave de exploración, que nos permitirá chegar onde ninguén estivo antes...
Perdoade, sempre quixen dicir isto.
O Tobo do Ribeiriño pretende ser acolledor, bonito e fresco, como corresponde ao acocho dun rato de biblioteca. Axudádenos a que haxa sitio para todos e a que todos teñamos un sitio.
Acompañádenos nesta busca do coñecemento, da información, do entreteñemento. Para nós, o grupo da biblioteca, está sendo unha aventura, e que aventura paga a pena se non se pode compartir?
Aos que nos precededes nesta aventura da biblioteca escolar, grazas por estar aí, polo voso consello e a vosa axuda.
Aos alumnos e alumnas do IES O Ribeiro, este blog non ten sentido se non o facedes voso, sabemos que participaredes nel, como participades da biblioteca.
Aos profesores e profesoras que nos axudades e sufrides, aquí tamén tedes un sitio para vós. O mesmo que está aberto ao persoal que nos fai a vida máis doada no centro, que colabora xa tanto coa biblioteca. E aos pais, e a todo aquel que, de paso, por casualidade, pescudando na rede, crea que ten algo que dicir e queira compartilo con nós.
Este é un tobo un pouco insólito, coas portas e as fiestras sempre abertas, esperando que queirades pasar, acomodarvos, e dicir algo. Sodes sempre benvidos